XENÉTICA E HISTORIA NO NOROESTE PENINSULAR
Esta publicación recolle as actas das xornadas que baixo o mesmo título se celebraron en Santiago de Compostela en abril de 2002. A obra aborda a relación entre as ciencias de carácter histórico (como a arqueoloxía ou a lingüística) e a xenética para explicar a evolución dos pobos e as súas características actuais.