Publicación composta, case a partes iguais, por unha análise cualitativa da cultura galega e por unha participación, especializada pero máis aberta, na que varias ducias de actores e membros do sector cultural achegaron a súa visión e a súa experiencia para fixar unha diagnose da situación e propoñer vías de acción no porvir inmediato.