HAMILTON, ALEXANDER; MADISON, JAMES; JAY, JOHN
"O Federalista" é unha grande obra do pensamento político, na que quedou reflectido para a historia o militante compromiso de tres dos máis relevantes Founding Fathers dos Estados Unidos a prol do futuro da República Federal. Malia con importantes puntos de diverxencia entre si, as respectivas biografías dos tres grandes políticos que redactaron man a man unha das grandes achegas á historia do pensamento político contemporáneo, explican a súa actuación nun momento central da historia da nación americana que, coa Constitución xa redactada, estaba a piques de nacer.