Esta antoloxía ofrécenos unha visión da poesía elaborada no occidente asturiano desde a Idade Media ata os nosos días. Destaca a época do Rexurdimento (García González, Villar Loza, Cotarelo, Mediante Ferraría?), a Xeración de 1936 (Mejeras e ?Ovidio de Queipo?) e o momento actual, ligado ó cultivo doutros xéneros e á reivindicación da lingua. No conxunto, encontramos autores illacionistas fieis ó sistema lingüístico local e outros que adoptan a ortografía e as formas maioritarias do galego.