PULPEIRO, SYLVIA; RODRÍGUEZ, PABLO (EDS.)
Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901-Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer. Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.