O Consello da Cultura Galega celebras a aparición do xornalismo en Galicia coa reprodución facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compostelano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz no primeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán. Longa e frutífera é a historia do xornalismo en Galicia e aínda escaso o coñecemento que temos dela, a pesar das amplas contribucións de relevantes historiadores da prensa.