Trátase dunha nova proposta realizada a partir da primeira edición de Meniños Cantores editada en 2005. Meniños Cantores 2 é un proxecto realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira galego-portuguesa, desde Chaves a Caminha e desde Verín a A Guarda. Un proxecto que conta con: 18 temas musicais, un documental e un libro.