DA CAVERNA A ACRÓPOLE

DA CAVERNA A ACRÓPOLE. UN CAMIÑO CARA A EDUCACIÓN CRÍTICA (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Año de edición:
Materia
Filosofía
ISBN:
978-84-8158-942-9
Páginas:
198
Encuadernación:
Rústica
-5%
10,00 €
9,50 €
IVA incluido
En stock - 72 horas
Comprar

"Da caverna a acrópole: un camiño cara a educación crítica" confórmase como un ensaio que achega a filosofía á educación, establecendo como premisa a necesidade de desenvolver o pensamento crítico para acadar a plenitude dos valores e das capacidades da ensinanza. Indagando nas posibilidades que ofrece a filosofía como materia, esta obra busca reafirmar un lugar actual onde poida servir ao desenvolvemento crítico do estudantado. A través dun camiño cheo de preguntas que percorre en clave poética, este ensaio unifica o ser e as súas expresións co pensamento e a educación; ampliando a mirada sobre a realidade, indagando nos autores e autoras referentes do pensamento e aportando interesantes propostas educativas. En definitiva, este libro é un vínculo entre filosofía, ensinanza e realidade, tratando de espremer as posibilidades da escola e reivindicando a conciencia persoal e social como parte da formación educativa.