Danse a coñecer os traballos académicos dos investigadores máis novos do ámbito da filoloxía galega, entendida nun senso amplo, procedentes de traballos de fin de grao e mestrado ou doutro tipo de investigacións. Neste volume recóllense seis investigacións que temáticamente van dende a análise de fenómenos dialectais do galego, coma o teísmo ou a realización das oclusivas velares tras unha nasal , ata reflexións de corte sociolingüística sobre o tratamento das linguas na educación primaria en Galicia e das actitudes do alumnado ante as pronuncias dialectais do galego, pasando tamén por un estudo de sintaxe contrastiva entre o romanés e o galego e outro sobre o discurso fotográfico en Galicia.