Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega é unha publicación do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo que recolle traballos académicos dos novos investigadores e investigadoras no ámbito da Filoloxía Galega.
Neste vol. 8 abórdanse temas coma o uso do artigo e posesivo con nomes de parentesco, as identidades e ideoloxías dos neofalantes, o monolinguismo na Educación infantil e a figura literaria da bruxa como motivo de análise nas aulas.