Este facsímile, editado polo Consello da Cultura Galega e de grande interese para os estudos de antropoloxía galega, fai unha radiografía dos costumes da sociedade en materia económica, de propiedade e bens e de dereito público na Galicia dos primeiros anos do século XX. Comeza cunhas liñas nas que describe o territorio xeográfico de Galicia e remata cun estudo dos refráns como manifestacións consuetudinarias: familia, propiedade e espírito xurídico.