ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os IV Encontros para a Normalización Lingüística ofrécennos, a través das achegas de recoñecidos
investigadores, unha nova aproximación á situación sociolingüística de Europa.
Respondendo á crecente demanda de formación nas áreas académica e profesional, afondamos tamén na situación do idioma en diversos ámbitos sociais, como a xustiza, a igrexa, a sanidade ou a publicidade.
O tratamento doutras cuestións, como a onomástica, a estandardización ou a calidade e xestión lingüísticas, pechan estes IV Encontros, constituídos xa como foro anual de exposición e debate para os axentes normalizadores da nosa lingua.