A RIQUEZA DAS NACIÓNS

A RIQUEZA DAS NACIÓNS (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Año de edición:
Materia
Economía
ISBN:
978-84-17595-20-3
Encuadernación:
Cartoné
-5%
40,00 €
38,00 €
IVA incluido
Disponible - 20 días hábiles
Comprar

"A riqueza das nacións", publicada en 1776, constitúe a pedra fundacional da economía entendida como unha ciencia moderna. A inxente obra de Smith encarna o espírito da Ilustración ao desenvolver unha nova ciencia baseada na observación e que aplica o método indutivo ao campo social. O concepto fundamental no que alicerza esta obra clásica é o de mercado como institución a través da cal interactúan os seres humanos. Ao longo dos seus cinco libros, A riqueza das nacións formula unha serie de argumentos que en conxunto definen unha nova teoría económica o que implica despregar unha profunda revisión crítica doutras doutrinas e afondar no tratamento de cuestións esenciais tales como a acumulación do capital, a política económica ou a relación entre a economía e o Estado, prestando especial atención ao rol das institucións. Tras a súa publicación, a obra de Smith gañou axiña enorme popularidade tanto no Reino Unido coma no resto de Europa perdurando a súa vixencia no eido da economía ata os nosos días e converténdose así nun clásico de permanente rendibilidade para a análise de problemas e retos actuais. Adam Smith é unha figura capital no debate sobre o papel do mercado na sociedade, nunha visión dinámica do crecemento económico como base para a creación de beneficios. A riqueza das nacións transcende, de feito, o campo da economía establecéndose dende hai máis de douscentos anos como referencia ds ciencias política, a ética ou a psicoloxía social.

Otros libros del autor