A GALICIA DESEÑADA

A GALICIA DESEÑADA. SÍMBOLOS, MARCAS E IDENTIDADES GRÁFICAS (Libro en papel)

Editorial:
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Año de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-9749-862-3
Páginas:
699
Encuadernación:
Rústica
-5%
25,00 €
23,75 €
IVA incluido
Disponible en 30 días
Comprar

A Galicia deseñada é un percurso único pola historia e cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender como evolucionou o noso patrimonio visual. Esta obra nace coa vontade de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e de ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e inspiración para as deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro.

Organizada en cinco períodos históricos —dos antecedentes á contemporaneidade—, a publicación non só traza unha secuencia narrativa coherente, senón que tamén busca establecer pontes entre épocas, interpretando a historia como un relato colectivo.

O volume, de 700 páxinas, divídese en tres partes: unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais; unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais; e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos.

A Galicia deseñada é, en último termo, unha invitación a tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.