A ESTANDARIZACIÓN DO LÉXICO

A ESTANDARIZACIÓN DO LÉXICO (Libro en papel)

Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
Materia
Lengua y literatura
ISBN:
978-84-95415-75-2
Páginas:
605
Encuadernación:
Cartoné
14,42 €
IVA incluido
Agotado

Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes.
Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que autoras e autores consideraron necesarias para a edición dos textos.