TEMAS SOCIALMENTE RELEVANTES NA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ebook

TEMAS SOCIALMENTE RELEVANTES NA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ISBN:
978-84-10-14258-9
Páginas:
24
Formato:
HTML5 - Streaming
Derechos eBook:
Acceso perpetuo
DRM
Si

Esta unidade didáctica forma parte da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II. Impártese no primeiro semestre do 3.º curso do grao en Mestra e Mestre en Educación Primaria, da Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo), pero é unha materia aplicable tamén á Facultade de Ciencias de Educación, onde a materia existe coas mesmas características e se imparte nunha liña similar. A unidade presentará o interese educativo de traballar en aulas de educación primaria temas conflitivos ou socialmente vivos como a guerra, a fame, enfermidades, desigualdades, a crise ecolóxica, o cambio climático, a sustentabilidade medioambiental e/ou social, o impacto da tecnoloxía na vida cotiá, etc. Traballarase ao longo de varias sesións a relación que existe entre ese tipo de contidos e un compromiso social e ético. Así mesmo, tratarase de explicar en que medida os contidos presentados na unidade son relevantes e poden integrarse no deseño da actuación didáctica que o alumnado debe desenvolver.