O PENEDO GORDO
ebook

O PENEDO GORDO (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Materia
Pintura
ISBN:
978-84-8158-928-3
Páginas:
372
Formato:
PDF
DRM
No
 
El enlace de descarga caducará a los 30 días
0,00 €
IVA incluido

Ebook gratuito regístrese para poder descargarlo

O Penedo Gordo, tamén chamado Penedo da Moura, é un afloramento rochoso exento no lugar de Feilas, na parroquia de Fumaces e A Trepa, concello de Vilardevós (Ourense), no que foi localizada pintura rupestre ao aire libre en 2017. A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia solicitou á Universidade de Vigo a elaboración dunha proposta de actuación, que contemplase unha intervención dirixida esencialmente ao rexistro dos paneis e a realización de sondaxes valorativas para calibrar a potencialidade arqueolóxica do lugar. As sondaxes realizadas no 2018 nesta estación ao ar libre asociada á arte prehistórica, permitiron documentar un depósito estratificado correspondente ao Neolítico Final/Calcolítico, e polo menos, nos seus niveis inferiores escavados, ao Neolítico Medio. Verificouse a presenza de pintura rupestre de tradición esquemática, integrable de xeito hipotético nun período entre o Neolítico Medio e Final, non sendo descartable unha cronoloxía anterior, así como a existencia de diversos niveis de ocupación, histórica e prehistórica, ao abeiro do penedo, en relación inmediata e claramente vinculada coas superficies pintadas, sendo identificados vestixios de material colorante en contexto estratigráfico. Esta monografía recolle o conxunto de traballos realizados na primeira intervención arqueolóxica realizada neste abrigo, que conxuntamente coa Cova do Gato no Castelo de Lobarzán, tamén na comarca de Monterrei, figuran entre as únicas catro estacións con pintura rupestre esquemática localizadas ata agora en Galicia.