LA GALICE
ebook

LA GALICE (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ISBN:
978-84-9887-402-0
Páginas:
166
Formato:
HTML5 - Streaming
Derechos eBook:
Acceso perpetuo
DRM
Si

E abondosa a presenza de Galicia en textos francófonos e son constantes os testemuños de visitantes franceses á nosa terra dende a Idade Media. La Galice, dez séculos de olladas francesas é o froito dunha extensa peneira de textos literarios e de reflexións e descricións de peregrinos, soldados, diplomáticos, científicos, viaxeiros, xornalistas, escritores ou simples turistas. O fermoso fresco así formado non só ofrece unha visión variada e polícroma de como nos ven no exterior, senón que axuda tamén a comprendernos mello os propios galegos. Dende o inicio do camiño a Compostela ata a catástrofe do Prestige percorremos o fio de eventos históricos na compaña de persoeiros ou de seres anónimos. Atravesando as invasións francesas máis coñecidas, como a napoleónica e rescatando a memoria doutras deliberadamente ocultadas, como a da primeira restauración borbónica. Con tempo para seguirmos a liñaxe do personaxe do infortunado rei de Galicia, que, do Roman de Pontus, chega a Victor Hugo pasando por Roldán e ten as súas raíces na función asignada ao noso país como baluarte libre do cristianismo fronte á invasión árabe.