I CONGRESO INTERNACIONAL FEMINISMOS E HUMOR
ebook

I CONGRESO INTERNACIONAL FEMINISMOS E HUMOR (ebook)

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Materia
Ciencias sociales
ISBN:
978-84-10-14244-2
Páginas:
206
Formato:
HTML5 - Streaming
Derechos eBook:
Acceso perpetuo
DRM
Si
5,00 €
IVA incluido

A agrupación, neste libro, das actas do I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías, resultado dunha escolma de palabras que foron tomadas no evento, responde á propia estrutura do congreso. Estamos ante unha versión de actas híbridas entre contribucións máis teóricas de autoras xa consolidadas e de voces que comezan a súa andaina académica. Se o humor nos permite reflexionar de xeito horizontal e crear espazos subversivos nos que inverter a orde patriarcal da sociedade, esta compilación é un exemplo desta toma de posición política e epistemolóxica. Neste volume recóllense un conxunto de capítulos que, na súa heteroxeneidade, son un primeiro paso para explorar un campo de estudo que ten a enorme potencialidade de ser abordado desde múltiples disciplinas, en todas as áreas do coñecemento, entre as que atopamos filosofía, arte, comunicación, literatura, etc. Asemade, esta pluralidade de enfoques abre a porta a novas metodoloxías de análise onde se mesturan estudos de caso, reflexións teóricas e a praxe autoetnográfica, entre outras. As actas están divididas en catro bloques temáticos que seguen a lóxica das mesas presentes no congreso, a saber: «De cómicas e comedias»; «Humor en imaxes»; «Resistencias humorísticas», e «Risas dixitais».

Otros libros del autor