Cambeiro Lourido, María do Carme
Esta guía didáctica da sistematización do traballo educativo no proxecto Fame Cero-Fase 3, de Mans Unidas, contén os resultados do labor desenvolvido dende hai anos nas hortas escolares participantes. A través dun proceso de observación e entrevistas, o Grupo de Investigación Esculca recolleu os saberes e experiencias dos centros CEIP de Pedrouzos (Brión), CEIP A Ramallosa (Teo), CPI San Vicente da Baña (A Baña), CEIP Rosalía de Castro (Padrón) e CEIP Cabada Vázquez (A Estrada) e tamén dos educadores de horta encargados para volcalos nesta obra, unha guía de método e afianzamento no traballo para outras escolas que queiran emprendelo.