A ecografía permite a valoración das diferentes vísceras abdominais (aparato dixestivo, riles, fígado, bazo), polo que é unha ferramenta de grande utilidade en cabalos con cólico, perda de peso, febre de orixe descoñecida ou diarrea. Ademais, a ecografía tamén se emprega para a toma de biopsias con gran precisión de estruturas abdominais, coma o fígado ou os riles.