Esta unidade didáctica pertence á materia Estrutura Económica Mundial I, correspondente ao primeiro curso do grao en Economía. Esta materia ten como finalidade proporcionar ao alumnado un coñecemento básico e xeral sobre a realidade económica na que desenvolverán a súa futura actividade profesional. Isto conséguese dotando de coñecementos teóricos sobre a metodoloxía de análise estrutural en economía, así como proporcionando unha visión actual sobre as principais compoñentes da estrutura económica global.